O nacionalismo encóntrase nunha encrucillada como non ocorría dende hai décadas. O devalo socio-electoral do BNG chegou a límites insoportábeis para calquera organización política con vocación de transformar a sociedade. A continuidade, frecuencia e profundidade da prolongada desafección de votantes e simpatizantes é concluínte e permite emitir un diagnóstico, onde resulta inescusábel admitir o fin de ciclo da organización nacionalista.

Fronte a esta fatal realidade asistimos á emerxencia dunha alternativa política, con orixe na indignación social orixinada polo grave deterioro do benestar público, no seu significado máis amplo. Formada por nacionalistas e forzas de esquerda esta alternativa foi quen de focalizar o interese social dunha parte maioritaria do electorado nacionalista. Sen embargo, esa alianza construída para defender os intereses de Galiza, especialmente no Parlamento Español, amosa unha incapacidade crecente para cumprir ese obxectivo derivando nunha debilidade, cada vez máis evidente, do seu polo nacionalista. As contradicións, propias de calquera alianza electoral, e a menor visualización da compoñente galeguista están, ao noso xuízo, na causa máis probábel do devalo acusado por esta nova alternativa nas últimas eleccións xerais.

Esta complicada situación ameaza as expectativas de desaloxo do PP nas eleccións galegas do próximo outono. Sería imperdoábel que diferenzas menores malograsen a posibilidade dun grande acordo que trouxese ilusión aos galegos e galegas e impulsase unha vitoria contundente fronte á insostíbel situación económica que está desangrando o país, expulsando da súa terra ao mellor da mocidade galega.
Neste crítico contexto todas e todos deben contribuír a un gran acordo electoral, procurando o fortalecemento do nacionalismo e da alternativa ao PP en 2016.

Na actual situación e de cara a un futuro que transcende ao vindeiro proceso electoral correspóndenos a responsabilidade de remover as estruturas actuais do nacionalismo para sentar as bases para unha organización nacionalista de nova planta, sólida, con vocación maioritaria, transversal e que xunte a todas as persoas que teñen Galiza como nación. Por tal motivo, instamos a todas as forzas políticas galegas a actuar coa máxima xenerosidade e altura de miras para superar a actual situación de impotencia política dando os pasos precisos para levantar unha nova alternativa que aglutine a dispersión e devolva a esperanza de cambio á maioría social, sen apriorismos máis alá de que Galiza sexa o verdadeiro suxeito político.

Por último, dende este recuncho de Compostela e con toda a humildade, convocamos a galegas e galegos, a todos e todas as galeguistas e nacionalistas, a celebrar en fraternidade o próximo 25 de xullo, Día da Patria Galega.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2016.

Eu apoio!

Se queres que o teu nome apareza na lista de persoas que apoiamos este chamamento, cubre este formulario e engadirémoste á lista.

Persoas que apoian o chamamento

Abel López Soto
Abraham Herrero Menor
Adrián Acción Porto
Adrián Calvo Cabezas
Adrián Dios Vicente
Adrián Iglesias Casal
Afonso Ribas Fraga
Alba Nogueira López
Alba Pena Rodríguez
Alba Sanchez Nieto
Alberte Blanco Casal
Alberte Lamazares Casero
Alberto Escobar
Alberto Granja Bargados
Alberto Turnes Abelenda
Alberto Vázquez Agrelo
Aldán Santamarina Corral
Alexandre Novo
Alfonso Fernández Pose
Alfonso Fernández Sucasas
Alfonso Guerra González
Alfonso Mascunana Bordas
Alicia Lorenzo Faro
Amaia Pérez-Izaguirre Urquizu
Amavia Méndez Pérez
Amparo Omil González
Ana Area Gómez
Ana Herrera Peña
Ana Iglesias Álvarez
Ana Luísa Bouza Santiago
Ana María Rúa Souto
Ana Miranda Paz
Ana Rosa Cornado Molina
Anabel Osorio
Andrea Sieiro Paz
Andrés del Valle Souto
Ángel Domínguez Cerdeira
Ángel Miguel Fernández Permuy
Ángela Vidal Triñanes
Antía Vázquez Rodriguez
Antón Costa Rico
Antón Gonçalves Quintela
Antonia Alcalde Seijo
Antonio Dubert Trillo
Antonio Garrido Lopez
Antonio López Rivera
Antonio Mera de la Fuente
Antonio Pena Novoa
Ánxela Fernández Callís
Anxela González Cid
Anxo Collarte Pérez
Anxo Francisco Villar Rodríguez
Anxo Lois Diéguez Pardo
Arturo L. Regueiro
Asunción Dubra Suárez
B. Rafael Estévez López
Bautista Rodríguez Vázquez
Beatriz Estévez Lorenzo
Bernardo Fraga Galdo
Bernardo Penabade Rei
Beto Touriño González
Blanca Maceira Balboa
Bruno Currás Portela
Bruno Vilela López
Camilo Friol Piñeiroa
Camiño Noia Campos
Cándido Taboada Areán
Carlos Balea Alonso
Carlos Carrera Moraña
Carlos Cotobade Tombo
Carlos David González
Carlos Fernández Fernández
Carlos Fernández Louzao
Carlos Martínez Vázquez
Carlos Moreira Garcia
Carlos Otero Portela
Carlos Pérez
Carlos Rodríguez Silvar
Carlos Villanueva Domínguez
Carme Adán Villamarín
Carme Caneda Rendo
Carme Cociña Cociña
Carme de la Torre Gómez
Carme Freire Cruces
Carme Xove Ferreiro
Carmen Álvarez Nogueiras
Carmen Fernández Bouza
Carmen Martínez-Corbalán Puche
Carmen Mayo Sarabia
Celso Díaz León
Celso Feixoo Carnero
Celso Sánchez González
Cesáreo Borrajo García
Cindy Rodríguez Fernández
Concepción Diéguez Álvarez
Concha Trigo Portela
Constantino Rábade Castinheira
Covadonga Durán Calvo
Cristian Iglesias Lorenzo
Cristina Bajo Enríquez
Cristina Martinez Colmeiro
Daniel Asorey Vidal
Daniel Veiga Martínez
David Balado Rouco
Denís Rodríguez Vázquez
Diana Giráldez Monteagudo
Diego Mazaira Fafián
Diego Rey López
Diego Sande Veiga
Diego Torres Iglesias
Diego Veiras Carneiro
Dorotea de la Torre Gómez
Efrén Castro Caloto
Eloy Vázquez Pérez
Elvira Arias Sante
Emilia Abal López
Emilio Blanco Señorns
Emilio Mesías Farías
Encarna Otero Cepeda
Enrique Parcero Rodríguez
Enrique Portela Pisos
Ernesto Rodríguez Gil
Ernesto Vázquez-Rey Farto
Estrella Lorenzo Fernández
Eusebio Pérez Castro
Eustaquio Puga Muñoz
Fabián Freixedo Fariñas
Fátima Costoya Pérez
Faustino Seco Penedo
Felipe González García
Fernando Alonso Lorenzo
Fernando de Paz Villasenín
Fernando García Tobío
Fernando J. López Campo
Fernando Lorenzo González
Fernando Sanmartín Juncal
Fernando Suárez Barcia
Fernando Torreiro González
Filipe Díez
Francisco Chivite Mosquera
Francisco L. Vázquez Vizoso
Francisco López
Francisco Lores Santacecilia
Francisco M. Quintás Fortes
Francisco Nogueiras Marra
Francisco Soto Vázquez
Francisco Torrente Hortas
Francisco Xabier Souto Ares
Fuco Ricoy González-Moro
Gabriel Ferreiro
Gardenia Padim Bugalho
Gemma Rodríguez de la Torre
Germán Martínez Traba
Gonzalo Flores Calvete
Gonzalo Prego
Gonzalo Veiras Carneiro
Héctor Vizoso Durán
Helena Amoedo Barros
Helena Pérez Fernández
Henrique del Bosque Zapata
Iago Tabarés Pérez-Piñeiro
Ignacio Atanes González
Ignacio Vilariño Sanmartín
Inácio Martínez Orero
Inés Paz Neira
Iria Lopez Diaz
Iria Pedreira Sanjurjo
Isabel Harguindey Ferrer
Isabel Reimundez Suarez
Isabel Vaquero Quintela
Iván Leis
Jackson Renner Rodrigues Soares
Jaime Cabeza Pereiro
Jaime López Golpe
Javier lvarez Osuna
Javier Sánchez Romero
Jesús Ríos Prieto
Jesús Serantes Diz
Joám Lopes Facal
Jorge Conde Migulez
Jorge Martínez Amoedo
José André Lôpez Gonçâlez
José Antonio González Vázquez
José Antonio Pérez Valado
José Antonio Pose Rodriguez
José Enrique Torres Posada
José L. Fernández Rodríguez
José Luis Doval Conde
José Ramón Porto Miguélez
Juan Antonio Cañizo Fraga
Juan Carlos Díaz Ínsua
Juan Carlos Taracido López
Juan Carlos Villar Novoa
Juan Fernández Álvarez
Juan Gulias Balino
Juan Ismael Ledo Varela
Juan José Sánchez Varela
JuanMa Sánchez Salgueiro
Lidia Vicente Lorenzo
Liliana Carro Estévez
Lois Manoel Toirán Vázquez
Lourdes Paz Franco
Luis Burgos Díaz
Luis Carlos Cachafeiro Chamosa
Luís Fontán Mazás
Luís Gómez Aldegunde
Luís Gonçales Blasco “Foz”
Luis Gónez-Orellana Rodríguez
Luís Gustavo Rodríguez Taboada
Luis Vázquez Guntín
Luísa Couceiro Rodríguez
Lupe Ces Rioboo
M. Alberto Fernández Fraga
M. C. Rita Pérez Vázquez
M. Elvira Pallares Gallego
M. Inés Pérez Fontenla
Manolo Suárez Varela
Manuel Antelo Pazos
Manuel Anxo Exposito Alvarez
Manuel Anxo Méndez Fraguas
Manuel Currás Meira
Manuel Ferro Rodríguez
Manuel Figueiras Fernández
Manuel Freiría
Manuel Galdo Dopico
Manuel González Moreira
Manuel González Prieto
Manuel Monge
Manuel Pérez Lorenzo
Manuel Pérez Presa
Manuel Piornedo dos Santos
Manuel Rodríguez Vázquez
Manuel Sampredro Méndez
Manuel Sarmiento González
Marcelo Rodríguez Acosta
Marco Longarela Andina
Marco López López
Marcos Fuentes Sánchez
Marcos Meléndez Alonso
Marcos Paz Alonso
Marcos Reboredo Blanco
María Álvarez Lagarón
María Cristina Fernández Piñeiro
María Isabel Hortas González
María Isabel Vilela Fernández
María José Díaz López
María José Fernández López
María José Pérez García
María José Porto Parente
María Magariños Martínez
María Pousada Pacheco
María Xesús Pazo Blanco
Mariano Facal Abeledo
Marina Pérez Costas
Marisol Blanco Suárez
Marta Mallo Rey
Marta R. Álvarez
Marta Rodríguez Engroba
Martiño Novo
Mateo Varela Cornado
Matías Rodríguez da Torre
Mauro Vázquez Álvarez
Melba Couto Pedreira
Mercedes Espinosa Arévalo
Miguel Ángel Lema Couso
Miguel Anxo Alvarez Campos
Miguel Anxo Murado García
Miguel López Sanmartín
Miguel Vence Areán
Míriam Martínez Troncoso
Miro Tourís Diz
Mónica Fernández Rodríguez
Mónica Montemuiño Bardelas
Narda Rubianes Nogueira
Néstor Veiga Blanco
Noa Díaz Novo
Olaia Casas Chaves
Olaia Fernández Davila
Olga Patiño Abeixón
Óscar Ares Pazos
Óscar González Álvarez
Óscar Lara Gil
Óscar Lomba Álvarez
Pablo Rey Abades
Pablo Taboada Souto
Pablo Vidal Ríos
Paula Castenda Blanco
Paula Eiras Barreiro
Paulo Sexto Gantes
Pepa Rey Castiñeira
Pilar Blanco López
Pilar Fernández Méndez
Pilar Figueira Prego
Puerto Rosales Pérez
Púri Seixido
R. Xan Lamas
Rafael Ruibal Pereira
Ramón Alonso
Ramón Veras Castro
Raquel Vázquez Blanco
Roberto A. Rodrigues
Roberto Castro Rocamonde
Roberto Jorge Correa
Roberto Leándrez Represas
Roberto Pardal Coca
Roberto Parracía Orge
Roberto Pereira Cudeiro
Roberto Quiroga López
Roberto Tomé
Rodrigo Alberte Pivida
Roi Gallego Fernández
Roi Vilela López
Ronsel Fernández Suárez
Rosa Armada
Rosa de la Parra Martínez
Rosa Isabel Rivas Sánchez
Rosa Moreiras Cuñarro
Rubén C. Lois González
Rubén Sánchez Araújo
Sabino Pérez Lago
Saleta Chao Rivas
Samuel Rodríguez López
Santi Domínguez
Santiago Fernández
Sara Paz
Sara Recondo
Sergio Soneira Sánchez
Sindo Fernández González
Sofía García Hermida
Susana Conde Costa
Susana Rodríguez Cambón
Suso Mon Rivera
Suso Piñeiro
Tereixa Fidalgo Colmeiro
Tereixa Novo Arrojo
Tereixa Paz Franco
Teresa Callís Sol
Tomás Salgueiro Suárez
Valentín García Bóveda
Vicente Abelleira Cambeiro
Víctor M. Díaz Vilaboa
X. Luis Iglesias
Xabier Méndez Martínez
Xabier Toba Girón
Xan Carlos Grande Fernández
Xaquín García Couso
Xavier Rial Vieites
Xavier Vence Deza
Xerardo López Enríquez
Xerome Calero Prado
Xesús Anxo López Pintos
Xesús López Castro
Xesús Pena Espiña
Xoán Carlos Domínguez Alberte
Xoán M. González Blasco
Xoán Manuel Estévez Freijeiro
Xoán Manuel Rodríguez Bastida
Xoán Moreda Pinto
Xoán Reices
Xoaquín de Acosta Beiras
Xosé Antón Vila Sobrino
Xosé Antonio Rubal López
Xosé Anxo Fernández López
Xosé Daniel Costas Currás
Xosé Deira Triñanes
Xosé Diego Martínez Leiro
Xosé Espín Mejía
Xosé Fernández Vázquez
Xosé Francisco Pedras Saavedra
Xosé Iglesias Lamela
Xosé Iglesias Muiños
Xosé Igrexas García
Xosé L. Díaz Andrés
Xosé L. García Costa
Xosé Lois Suárez Becerra
Xosé Lois Vázquez
Xosé Los Moreda Rodriguez
Xosé M. González López ( Brais)
Xosé Manuel Codesido Souto
Xosé Manuel Iglesias
Xosé Manuel López Fernández
Xosé Manuel Meijome Sánchez
Xosé Manuel Pazo Blanco
Xosé Manuel Pérez Rodríguez
Xosé Manuel Pesqueira Rapalo
Xosé María Bello Pose
Xosé María Dios Diz
Xosé María Vilaboa Ramos
Xosé Mario Rodríguez Gala
Xosé Pérez González
Xosé Picatoste Novo
Xosé Ramón Alonso
Xosé Ramón Cillero Ferro
Xosé Ramón Veiga Alonso
Xosé Rial Pérez
Xosé Rodríguez Martínez
Xosé-Henrique Costas González
Xosefa María Xove Ferreiro
Xosefina Guitián Lema
Xulio Carballo Arceo
Xulio Vicente González
Xurxo Charlín Trigo
Xurxo Novoa Rey
Xurxo Santiago Espiñeira
Xusto Fernández Haro
Zaira Caamaño Remuiñán
Zara Yubero Curra
Advertisements